Un turismo e un camión colisionan no Fiouco

Un turismo colisionou esta mañá no alto do Fiouco (Abadín), contra un camión. A falta da actualización desta información por parte do 112 Galicia, podemos dicir, que os feitos tiveron lugar en torno ás 09.00 horas na A-8 en sentido Asturias. Actualmente están no lugar da colisión efectivos da Garda Civil de Tráfico e dos Bombeiros.

Aínda que, polo momento, descoñécense as causas desta colisión, si podemos confirmar que non se rexistraba néboa nese tramo. Nestes intres, a DXT mantén cortado o carril dereito da circulación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com