Un home faleceu na pasada madrugada ao envorcar o vehículo que conducía en Lourenzá. O corpo sen vida do varón tivo que ser excarcerado. Os feitos tiveron lugar na N-634, concretamente no punto quilométrico 582. Foi un particular quen daba a voz de alarma ao 112 Galicia ás 3:00 horas.
Nese momento, o persoal do CAE 112 Galicia informaba do sinistro a Urxencias Médicas, aos Bombeiros de Barreiros, a Protección Civil e á Garda Civil de Tráfico.