Un Xulgado de Lugo autoriza a vacinar a un discapacitado a pesar da negativa da súa irmá

O Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Lugo autorizou a vacinar a un interno dunha residencia a pesar da negativa da súa irmá e titora. O maxistrado indica no auto, contra o que cabe presentar recurso ante a Audiencia Provincial, que o home “non se atopa en condicións de prestar un consentimento consciente en relación coa aplicación da vacina COVID19”.

O xuíz entende que a renuncia da titora á dispensación da vacina ao seu irmán “resultaría contraria aos intereses do discapaz”, polo que considera “máis beneficioso para a protección da súa saúde” que o vacinen. Ademais, salienta que “a protección da saúde do discapaz haberá de prevalecer fronte á renuncia manifestada pola súa titora”.

O maxistrado tamén indica no auto que discrepa da valoración da titora en canto a que o seu irmán é “relativamente novo e carente de patoloxías previas, polo que os resultados da enfermidade serían leves”. Así, advirte de que “a experiencia demostra que o virus é capaz de producir posibles resultados mortais en persoas da franxa de idade na que está o tutelado”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com