A Comisión 5ª do Parlamento Galego aprobou hoxe por unanimidade unha iniciativa de En Marea, debatida conxuntamente con outra do grupo socialista, para arranxar unha estrada que impide o acceso a súa propia casa a unha muller con mobilidade reducida no Concello de Abadín.
Pilar Fernández, veciña do municipio chairego, precisa dunha cadeira de rodas para desprazarse. Despois de ser asfaltada a pista fronte a súa casa no ano 2013, o desnivel aumentou 15-20 cm. Esta situación impídelle desprazarse dentro e fóra do seu fogar, incumprindo a Lei de Accesibilidade de Galicia segundo un informe da Valedora do Pobo. Ademais, esta situación aumenta o risco de inundación na súa casa ao tupírense con frecuencia as tuberías dos desaugadoiros.
A deputada da formación azul, Paula Vazquez Verao, presentou unha iniciativa no Parlamento de Galicia para que se arranxe esta situación, e “que persoas coma Pilar de Abadín poidan saír da súa casa e desenvolver a súa vida con certa dignidade”. A deputada denunciou que “eliminar as barreiras arquitectónicas que lle impiden a Isabel ter autonomía persoal costaría 5.600 euros. O caso chegou á Valeduría do pobo, pero o concello de Abadín non remite o informe técnico que se lle require. A Xunta segue sen actuar.”
A iniciativa, aprobada na comisión, insta á Xunta a instar a súa vez o Concello de Abadín a arranxar dunha vez esta situación, dando cumprimento a Lei de Movilidade e garantíndolle a Pilar o cumprimento dos seus dereitos.