Unanimidade no pleno para modificar a ordenanza de circulación

Xornada de Pleno no Concello de Lugo e xornada de unanimidade en canto a ordenanzas. Así o pleno deu o seu voto favorable á modificación da Ordenanza de Circulación, presentada pola área de Mobilidade e Infraestruturas do Goberno local. “É un acordo previo despois de ter falado cos grupos da oposición”, explicaba o Tenente de Alcalde antes de entrar no pleno. E é que as modificacións propostas polo goberno foron consensuadas coa oposición.

O Tenente de Alcalde explicou que “se modificarán os pasos de peóns regulados por semáforo, que pasarán a non ter pintura interior, reducindo así os resbalóns”. Ademais, os pasos de peóns non regulados por semáforo terán unha liña menos, “para evitar caídas de motos e bicicletas”.

O concelleiro nacionalista indicou tamén que se modificarán as prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida, “adaptándoas á última normativa da DXT”.

Ademáis, o Goberno avanzou xa que nas vindeiras semanas comezará o repintado de toda a sinalización horizontal da cidade. E, por esa mesma razón, levaron a este pleno a modificación da Ordenanza, para poder levar a cabo o repintado xa baixo a nova normativa.

Ordenanza de Saca da Madeira

O Goberno local tamén acadou a unanimidade do pleno á Ordenanza de Corta e Saca da Madeira que resultou aprobada inicialmente, logo de que o equipo de goberno incorporase ao texto as emendas presentadas polos grupos da oposición.

Desta forma, Lugo disporá xa no primeiro semestre de 2020 dunha normativa específica para poder velar pola protección e conservación das vías públicas municipais, en relación coas operacións forestais de corta, saca, depósito e transporte de madeira. No propio documento faise constar a necesidade de compatibilizar o aproveitamento forestal coa conservación das dotacións públicas, a preservación do medio e a protección da paisaxe ante a importancia que ten o sector forestal extractivo e a incidencia desta actividade no termo municipal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com