Unha ambulancia incéndiase no porto de Celeiro

Unha ambulancia incendiouse esta madrugada na parroquia viveirense de Celeiro. Persoal sanitario alertaba ao Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia do incendio do vehículo sanitario no porto de dita localidade. A chamada rexistrouse sobre as 01.45 horas da madrugada.

Á mesma hora un particular informaba ao 112 Galicia dun incendio na mesma zona aínda que descoñecía o que ardía.  Desde Emerxencias alertaron aos Bombeiros de Viveiro e á Policía Local así como a efectivos de Protección Civil.

Tanto os axentes como os membros do parque comarcal, nada máis chegar, confirmaron que se trataba dunha ambulancia estacionada no porto e que ardera só a parte diante do vehículo sen que ningún outro turismo alí aparcado se vira afectado.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com