Unha colisión entre tres vehículos saldouse na tarde de onte con tres persoas feridas na estrada que une as localidades de Monforte de Lemos e Vide, ao seu paso polo parroquia da Vide.
Foi a chamada dunha persoa particular, ás 16:15 horas, quen informaba ao 112 Galicia dun accidente entre varios vehículos nese lugar, ao pasar a gasolineira. Indicaba, ademais, que os ocupantes poderían estar feridos.
Nada mais recibir o aviso, desde 112 Galicia alertouse ao servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Monforte de Lemos e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Tamén se solicitou a colaboración da Policía Local e aos voluntarios de Protección Civil da localidade.
Tras finalizar a súa intervención, os bombeiros confirmaron ao 112 Galicia que tres persoas resultaron feridas. Ademais, foi preciso o uso do material de excarceración para liberar a un dos ocupantes dos turismos.