Tres persoas resultaron feridas esta mañá nunha colisión na que se viron implicados outros tantos coches no lugar de Ramil. Segundo os datos facilitados polo 112 Galicia, unha das vítimas tivo que ser excarcelada polos Bombeiros de Lugo, ao quedar atrapada no interior do seu vehículo. O accidente tivo lugar ao redor das 10 desta mañá, hora á que un particular contactaba co 112.
Catro feridos no Corgo
Doutra banda, os servizos sanitarios de urxencias trasladaron ata un centro hospitalario a catro persoas que resultaron feridas nunha colisión entre dous coches no Corgo a pasada noite. O accidente ocorreu no punto quilómetrico 478 da A-6 ao fío das 22:35 horas.