O xardín do Museo Provincial de Lugo conta cunha nova obra: unha escultura da artista e académica Soledad Penalta, adquirida pola Deputación de Lugo para ampliar os fondos de arte contemporánea feminina do museo provincial.
A peza amplía o valor patrimonio do xardín do Museo Provincial, a carón da rúa Nova, que conta cunha decena de esculturas de artistas de Portugal e Galiza. A inauguración complementa, por outra parte, a exposición da mostra “Emocións” de Soledad Penalta, que pode verse na Sala de Exposicíons do Museo Provincial de Lugo ata o 30 de setembro.
A adquisición da peza de Soledad Penalta incide no apoio e na visiblizacion das mulleres artistas que desenvolven os museos provinciais dentro do programa “Recoñecer, Representar e Redistribuír”. Nese marco, o pasado mes de xullo presentouse no Pazo de Tor a peza “Todo é ilusión” adquirida a artista e tamén académica Pamen Pereira.
Súmanse ás adquiridas a comezos do ano ás artistas emerxentes que participaron na mostra colectivo “As 7 e 7”: Andrea Otero, Noa Costas Martín, Christina Chiarroni, Carmen Quintáns, Sabela Eiriz, Greta Debelius e as irmáns Noa e Lara Castro Lema, e á obra “Notas no latexo do unánime e cego” de Carla Andrade, que fan unha decena de pezas incorporadas ao longo do semstre ás coleccións dos museos.