Unha explosión de gas nun edificio da cidade de Lugo sáldase cunha muller ferida

Unha explosión de gas nun inmoble da rúa Becerreá da capital que tivo lugar onte en torno ás 17.00 horas de onte saldouse cunha muller ferida con diversas queimaduran na cada, no pescozo e nunha man. Á chegada dos axentes, os residentes do edificio xa estaban na rúa e os servizos sanitarios trasladaron á ferida ata o Hula para ser atendida. A muller ten ao seu cargo cinco nenos orixinarios de Nixeria, dos que todos se atopan en perfecto estado.

Ata o lugar dos feitos desprazouse unha ambulancia, dúas dotacións de bombeiros e tres da Policía Local e dúas da Policía Nacional. Malia que no interior da vivenda non había lume, todo parece indicar que a explosión se debeu a unha acumulación de gas por ter dúas bombonas de butano conectadas a unha caldeira de propano situada na cociña do piso.

Ao edificio achegouse tamén un técnico de Repsol que, xunto cos bombeiros, advertiron de que a vivenda non pode ser ocupada nestes momentos, malia que, aseguran, non existe perigo de derrubamento.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com