Unha exposición conmemora os 30 anos de “Amigos del Camino de Santiago en la Provincia de Lugo”

A “Asociación Amigos del Camino de Santiago en la Provincia de Lugo” inaugurará mañá no Museo Provincial a exposición “30 anos no Camiño” coa que realiza un balance das súas tres décadas á fronte da divulgación
e promoción das rutas xacobeas na provincia.
A mostra incorpora, fundamentalmente, fotografías e documentos xornalísticos
que resumen o percorrido da entidade cultural desde a súa fundación en 1987 ata
a actualidade. “seleccionamos os momentos máis importantes para que uns
minutos de visita sirvan para entender que significaron para nós estes 30 anos
e, sobre todo, para explicar, de xeito visual, o que se fixo polo Camiño durante todo
este tempo, detalla o presidente da entidade, Angel Trabada, á vez que sinala
que en total se recompilaron unhas 400 unidades.
A mostra articúlase en torno a cinco seccións distintas, de entre as que os
organizadores destacan o capítulo dedicado á figura de Elías Valiña, impulsor deste
movemento. Non en balde, a exposición inclúe non só a súa ficha como socio senón
tamén media ducia de libros publicados por el ou un escrito no que cedía a súa casa
no Cebreiro para a asociación. Tamén en torno ao seu papel,
imprescindible para entender hoxe o Camiño de Santiago en toda a súa dimensión, recóllense os documentos de constitución da asociación así como diversas homenaxes
que recibiu.
Os outros catro capítulos da exhibición están directamente relacionados coa
actividade de divulgación que levou a cabo Amigos do Camiño de Santiago da

Provincia de Lugo nas súas tres décadas. Deste xeito, consígnase un espazo específico
ás camiñadas e viaxes culturais que organizou a entidade para divulgar os
valores do Camiño dentro e fóra das  nosas fronteiras; mentres que outro se reserva
para a traxectoria da súa coral, que levou música a recunchos emblemáticos
das rutas xacobeas como a Catedral de Santiago, a de Lugo, O Cebreiro, Fisterra ou
Mondoñedo.
A exposición complétase con outro apartado que se consagra a congresos e eventos
promovidos, ou nos que participou a asociación, así como con outra sección na
que se mostran diversos actos sociais e colaboracións, como as que realizou coas
entidade Unicef ou Aspnais. Finalmente, tamén teñen cabida os distintos
recoñecementos da asociación ao longo da súa historia, incluíndo o premio
“Camiño de Santiago 2017”, outorgado pola Axencia de Turismo de Galicia en Santiago
de Compostela o pasado día 24 de outubro.
Premio fotográfico.-
“30 anos no Camiño” poderase visitar, sen custo, desde mañá luns 6 de novembro
no Museo Provincial. Precisamente a directora desta institución, Aurelia Balseiro,
será a encargada de inaugurala mañá ás oito da tarde , nun
acto no que tamén intervirá o presidente da asociación, Angel Trabada.
A mostra clausurarase o mércores 15 de novembro co fallo do concurso de fotografía
no Camiño que puxo en marcha a entidade cultural.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com