Pouco antes das cinco da tarde rexistrouse unha forte treboada na cidade. A estación que ten instalada Meteogalicia no Campus recolleu ata 30 litros por metro cadrado en tan só 20 minutos, o que provocou que se inundaran varias rúas así como baixos e garaxes.
Unha das rúas máis afectadas foi a rolda de Fontiñas, onde se formaron bolsas de auga inundando baixos e garaxes. O río Rato a altura da estrada de A Fonsagrada tamén se desbordou.
Outro lugar afectado pola forte treboada foi o Hula, onde foi preciso achicar a auga con toallas e fregonas e onde había corredores totalmente inundados.