Unha forte treboada produce incidentes na cidade

A intensa treboada que descargou esta tarde en Lugo, tal e como fora anunciada polos servizos meteorolóxicos, deixou abundante choiva e mesmo sarabia.

En barrios como As Fontiñas as rúas convertéronse en auténticos ríos; na N-VI, á altura da entrada do balneario e procedente do parque Marcos Cela, xurdiu unha fervenza que guindaba a auga á estrada.

No barrio da Piringalla producíronse  inundacións en baixos e coma sempre que chove, o alcantarillado non da subcionada a auga. Debaixo da ponte que une a estación con Fontiñas a auga que se concentra alí fixo que un coche quedara atascado no medio da auga o que fixo que se produciran importantes retencións.

Sería importante que, de unha vez por todas, á quen  corresponda, se poña mans á obra e solucione este problema, que ten un alto coste para o consorcio de seguros e para os propietarios dos automóbiles que alí se estragan pola auga.

No polígono das Gándaras automóbiles quedaron atrapados en balsas de auga e houbo que cortar o tráfico en algúns carrís.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com