Unha fuga de auga na rúa Ameneiro mostra as deficiencias do Servizo Municipal de Augas

A rotura dunha tubaxe onte na rúa Ameneiro, nas inmediacións da antiga Residencia de Lugo, xerou unha gran fuga de auga que escorregou ata a avenida das Américas provocando unha gran riada.

A auga alertou aos veciños que informaron á Policía Local que se presentou nos primeiros minutos para avisar ao Servizo Municipal de Augas, que nese intre só contaba cun traballador. A fractura da rede, non só afectou á estrada con barro e pedras procedentes da beirarrúa e das cañerías, senón tamén ás vivendas que non puideron dispór de auga, nalgúns casos, ata tres horas máis tarde.

O Concello de Lugo tivo que chamar a unha empresa privada para solucionar este problema das tubaxes debido á falta de traballadores municipais.

O Partido Popular, tras este incidente, denuncia que o desmantelamento do Servizo Municipal de Augas provoque retrasos e sobrecustes na reparación das fugas que se rexistran na rede de abastecemento. O concelleiro popular, Antonio Ameijide, pregúntase en que mans está a cidadanía, e mostrou a súa sorpresa ante o descuberto que mostrou o servizo municipal que se encarga do mantemento da rede.

O popular Antonio Ameijide pide explicacións ao goberno socialista dos motivos polos que só había un operario para cubrir as incidencias matizando que “durante 1 semana, de cada 3, o servizo só ten un operario en turno de tarde”.

Neste senso, o Concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez afirmou esta mañá que o Concello de Lugo, actuou de maneira rápida ante este incidente, ao igual que a Policía Local e asegurou que entra dentro da normalidade que só haxa un traballador no servizo, pois “para arreglar una cañería non fai falta máis xente. Este foi un caso excepcional”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com