Unha granxa, un circo e un castelo inchables para gozar da chegada do Nadal mañá a Lugo

A festa de benvida ao Nadal que organiza mañá o Concello na Praza Maior a partir das 18:00 horas incorpora unha granxa, un circo e un castelo inchables, para que os máis cativos gocen da chegada destas datas. Antes de comezar estas actividades lúdicas, que son de balde, haberá un reparto de globos entre os nenos, así como un photocall no que poder inmortalizar o momento da chegada destas datas tan máxicas.

Na cita, na que comezará a lucir a iluminación de Nadal, tamén participarán xogadores e xogadoras do CB Breogán, CV Emevé, CB Ensino e CD Lugo, que entregarán agasallos aos máis pequenos e pequenas da casa, asinarán autógrafos e sacaranse fotos cos e cas que o desexen; ao igual que Quío o Esquío de XuvenLugo.

En concreto participará pívot do Breogán Henk Norel, xunto á mascota do equipo, Maximus. Do Emevé, estarán presentes, do equipo masculino, os xogadores Mario Povale e Pablo Villar, e do feminino, Paula Reija e Ainara Burgo. Por parte do Ensino asistirá o equipo feminino da liga DÍA e do CD Lugo, o capitán Carlos Pita, o entrenador Antonio Monteagudo, e os xogadores Serge Leuko e Borja San Emeterio. Tampouco se quixo perder esta cita Quío o Esquío, a mascota de Xuvenlugo, que entregará pases para este evento.

O toque musical da festa poñerao o grupo de pandereiteiras da Escola Municipal de Música e o máis dulce, a chocolatada final con churros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com