Unha labrega chantadina será a nova responsábel da Coordinadora das Persoas Maiores no SLG

O Sindicato Labrego Galego celebrou hoxe, 7 de xullo, unha asemblea en Lugo na que creou unha Coordinadora que guiará o proceso para constituír, no seu vindeiro congreso, a que será a Secretaría das Persoas Xubiladas, un órgano dentro da organización sindical que centrará o seu traballo naquelas cuestións propias deste sector da afiliación. Inicialmente, serán responsábel e vicerresponsábel desta Coordinadora Olga Otero Gómez, de Arcos (Chantada); e Cándido Iglesias Turnes, de Cabana (A Baña). Xunto a estas dúas persoas, estarán tamén na Coordinadora Cruz Valle, Carme Veiga, Rosario Villadóniga, Jorge Pacio e Araceli Pillado; estando previstas novas incorporacións nas asembleas comarcais que se irán desenvolvendo nos vindeiros meses.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com