Unha media de máis de 400 persoas asistiron ás obras da sección oficial da XVII Mostra de Teatro Clásico

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, fixo hoxe balance das catro obras de sección oficial da XVII Mostra de Teatro Clásico. En total asistiu unha media de máis de 400 persoas ás representacións teatrais desta sección. A que máis interese espertou foi a de La Asamblea de las Mujeres, cunha asistencia de máis de 862 persoas. Dentro desta sección, a última sesión terá lugar este sábado, 4 de marzo. A compañía Voadora celebra dez anos facendo teatro, traendo ao Gustavo Freire a representación de Soño dunha noite verán.

As entradas aínda se poden adquirir na web www.entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo e no propio auditorio unha hora antes do comezo da representación. En canto á sección off, as obras continuarán este domingo, o mércores 8, e a fin de semana do 18 e 19 de marzo. Nesta edición da mostra, o Goberno apostou por xuntar actores e compañías de renome con agrupacións locais, dándolles máis participación, como Illa Ollo ou Palimoco, entre outros.

Paralelamente ás representacións teatrais, a XVII Mostra de Teatro Clásico ofrece a posibilidade de probar as tapas inspiradas nas obras que engloba o programa desta mostra, e que se poderán degustar ata o 19 de marzo por un prezo de 2 euros. Os establecementos participantes son Arrocería os Cachivaches, Canela Bakery Coffee, Mesón de Alberto, Restaurante Antas de Ulla, Mangiarte, Manuel Manuel, La Encina, España, Xoldra e Mesón El Castillo.

Carmen Basadre, respondeu con esta información ás afirmacións vertidas por Lugonovo que aseguraban que a Mostra de Teatro de Lugo deste ano non tiña o éxito esperado polo cambio nos horarios e subliñou que o cambio de formato nesta edición da mostra debeuse ao éxito que sementaban as obras as pasadas edicións os sábados en comparación coas dos xoves, de aí que se buscase a celebración das obras as fins de semana, para garantir as mesmas oportunidades a toda a cidadanía.

Na mesma liña, a edil socialista pediulle a Lugonovo que deixen “tanto de torpedear e deslexitimar todas e cantas alternativas de lecer e cultura se desenvolven no municipio, así como de ir en dirección contraria ao impulso dun Lugo máis cultural”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com