Unha moza denuncia tocamentos por parte dun home nas costas do Parque

Unha moza lucense denunciou onte ser vítima de tocamentos por parte dun home nas costas do parque de Rosalía de Castro, en Lugo, durante a celebración do San Froilán. O agresor abordou á moza e comezou a tocala, o pasado sábado na rampla do parque que baixa por detrás das casetas do polbo. A rapaza zafouse do home e chamou á Policía Local. Os axentes lembraron á moza que para comezar a busca do agresor debería interpoñer unha denuncia, algo que a rapaza rexeitou nun primeiro momento.

Lembramos, dende aquí, que no recinto ferial, ao carón do Seminario, calquer persoa que se sinta agredida ten un punto violeta onde refuxiarse. Asemade, o Concello ten habilitados os puntos Non é Non, en diferentes instalacións municipais, como museos ou centros sociais, así como moitos empresarios lucenses que acollerán e auxiliarán a quen queira que o precise. Estes puntos están marcados co distintivo da man violeta. O Concello de Lugo habilita as liñas de bus nocturnas do San Froilán gratuítas e con paradas a demanda contra o machismo. Como sempre, os números de teléfono nos que tamén se poden denunciar son o 012, o 016 e o 900 400 273

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com