Unha muller resultou ferida de consideración tras caer dun muro en Carballedo.
Un veciño contactou co 112 Galicia ás 11:30 horas para pedir axuda e, decontado, se avisou ao 061-Urxencias sanitarias, que enviou o helicóptero medicalizado con base en Ourense ao lugar de Galegos, onde se produciu o accidente. Para colaborar con este operativo, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia tamén se informou aos axentes da Garda Civil e aos voluntarios de Protección Civil do lugar.