Unha muller resultou ferida a pasada noite ao saírse da vía co seu turismo e envorcar en Ribadeo. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a vítima puido saír do interior do coche polo seu propio pé.
O accidente tivo lugar en Reme, na estrada que une Ribadeo e Vegadeo.
O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido a través do aviso dunha particular ao fío das 5:00 horas.
Nese momento, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasábase o aviso aos Bombeiros de Barreiros, ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil.