Unha muller minusvalida denuncia ao Concello de Abadín

Pilar Fernández unha muller de 65 anos que vive no lugar do Coto do municipio de Abadín ven de denunciar perante a Valedora do Pobo ao concello por mor de non cumprir coa Lei de Eliminación de Barreiras Arquitectónicas. Pilar ten un grao de minusvalía recoñecido do 84% e precisa dunha cadeira de rodas para poder desprazarse e da asistencia dunha persoa para facer vida normal.

Dende hai anos, Pilar viu medrar, paseniño, o problema que acaba de denunciar diante da Valedora, xa que a estrada que pasa por diante da súa casa impídelle saír do seu domicilio. O motivo é que o mantemento desta pista, que esixe a restitución do seu firme cada certo tempo con novas capas asfálticas, fixo que a súa altura non parase de aumentar co paso dos anos, de maneira que a día de hoxe a casa de Pilar ten un chanzo duns 14 centímetros de altura, o que fai imposible qué a denunciante poda  saír do seu domicilio sen axuda. Pilar leva anos pedíndolle solucións ao concello na persoa do alcalde Xosé María López Rancaño, sen que se fixese até o de agora nada para solucionalo.

Ante a falta de resposta do concello e o tempo transcorrido , remóntanse as primeiras peticións ao ano 2013, a afectada decidiu poñelo en coñecemento da Valedora do Pobo, para que inste ao concello a cumprir a lei.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com