Unha muller perde a vida nun accidente na A-54 en Guntín

Unha muller faleceu e un home resultou ferido tras producirse un accidente de tráfico no punto quilométrico 20 da A-54, ao paso polo concello de Guntín.

Segundo a información facilitada polo 112 Galicia, o sinistro rexistrouse ás 21:00 horas de onte cando un vehículo sen carné, ao parecer parado na autovía, foi golpeado por outro que tamén circulaba polo carril en sentido a Lugo.

No interior do vehículo sen carné viaxaban dúas persoas, un home e unha muller, que, finalmente, resultou falecida. O home necesitou igualmente asistencia médica, aínda que o seu estado de saúde non revestía gravidade.

Ademais, os servizos de emerxencias sinalaron que as vítimas do accidente estaban liberadas e accesibles, pese ao estado no que quedou o vehículo, visiblemente danado.

A máis dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que enviaron unha UVI móbil ao punto, participaron no operativo os membros do GES de Monterroso e os axentes da Garda Civil de Tráfico alertados polo 112 Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com