Unha nova edición do Cocido do Porco Celta de Sarria celebrarase o vindeiro fin de semana nesta bisbarra luguesa.
O evento ten como obxeto a exaltación da carne do Porco Celta, que estivo a piques de desaparecer, e grazas ao labor de algunhas persoas e institucións, logrouse recuperar.
Restaurantes e hoteis da bisbarra cooperan na exaltación deste produto porcino, que ano a ano ten máis acollida entre os amantes da gastronomía tradicional.
Esta edición, que arrancará o venres 30 co tradicional tapeo polos bares da vila sarriá, continuará o día seguinte co tradicional cocido no pavillón.
O pregón correrá a cargo de Guillermo Jesús Jiménez Sánchez, xurista español, maxistrado do Tribunal Constitucional, entre 1998 e2011, membro da Academia da Gastronomía Nacional, e ex-reitor da Universidade de Sevilla.