Este xoves, como todos os últimos xoves de cada mes dende hai máis de 9 anos, celebrarase en Lugo unha nova edición da Masa Crítica, o paseo colectivo e lúdico en bicicleta que reivindica polas rúas de Lugo o uso deste vehículo como un medio de transporte ecolóxico, económico, saudable e divertido.
O principal o obxectivo destas marchas é facer de Lugo un espazo máis humano, sen ruídos nin contaminación, así o afirman os seus promotores quen invitan a todos os cilousuarios lucenses.
A saída en bicicletas terá lugar, como xa é tradicional, ás 20:15 desde a Praza Maior (diante do Concello) e, nun ambiente de festa e diversión, acompañados por música, a Masa Crítica seguirá a reivindicar o uso da bicicleta como medio de transporte na cidade.