Unha nova liña de autobús comunicará Lugo e Pobra de San Xiao

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade reforzará o servizo de transporte público por autobús entre a cidade de Lugo e A Pobra de San Xiao (Láncara) coa creación dunha nova liña que operará de luns a venres, con saída dende Lugo ás 14.35 horas.

Está previsto que a nova expedición empece a funcionar a vindeira semana, segundo avanzou o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, quen explicou que esta medida está especialmente pensada para dar resposta ás necesidades de estudantes de Secundaria que teñen que facer desprazamentos a diario entre Lugo e A Pobra.

A liña será operada pola empresa Monbus, que está a ultimar as adaptacións precisas nas máquinas expendedoras co propósito de comezar a prestar o servizo a semana próxima. Balseiro salientou que este horario permitirá incrementar as conexións directas entre A Pobra de San Xiao e a capital da provincia e dará facilidades ás familias de Láncara que demandan a nova frecuencia.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade reforza o servizo de transporte público por estrada dentro do seu compromiso de promover as modificacións puntuais precisas para unha mellor conexión dos diferentes concellos e, en particular, das poboacións da zona rural.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com