Unha operación antidroga remata con 8 detidos en Lugo e Santiago

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a catro homes e unha muller de entre 26 e 40 anos de idade, residentes en diferentes localidades da provincia da Coruña, no marco dunha operación antidroga que finalizou con oito arrestos. Segundo informa a Policía Nacional, a operación iniciouse a finais do pasado ano e levou á detención de tres homes en Monterroso por tráfico de dogras que se encargaban da distribución, na provincia de Lugo, de marihuana e éxtase.

Na primeira parte deste operativo policial incautáronse máis de medio quilo de marihuana e preto de 12 gramos de éxtase, 40 gramos de speed , ademáis dunha plantación de marihuana e sementes. Fontes policiais indicaron que as persoas agora detidas introducían as substancias en Galicia para distribuilas aos vendedores ao por menor. As detencións leváronse a cabo en Lugo e Santiago e as actuacións foron remitidas ao Xulgado de 1 instancia de Chantada. Os arrestados permanecen en liberdade á espera de xuízo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com