Unha orde xudicial permite a Urbanismo inspeccionar un baixo de Trapero Pardo por malos cheiros

Axentes da Policía Local e dos bombeiros de Lugo, xunto ao persoal municipal, inspeccionaban onte un baixo, sen uso, na rúa Trapero Pardo, que durante os últimos meses estivo a ocasionar molestias á veciñanza do barrio por malos cheiros.

Os residentes queixáronse, especialmente durante o verán, da persistencia de cheiros desagradables na zona e da presenza continuada de mosquitos polo que, no mes de agosto, Urbanismo iniciou un procedemento para localizar aos propietarios do inmoble co fin de instalos a poñerlle remedio á situación.

O edil responsable desta área, Miguel Couto, que tamén estivo presente durante as tarefas de supervisión, explicou que en canto tivo coñecemento da denuncia, deu orde de abrir un expediente de Disciplina Urbanística que se foi dilatando ante a imposibilidade de contactar cos donos do local.

“Tivemos que recorrer á vía xudicial para poder acceder ao seu interior e foi nese trámite cando os titulares da propiedade se personaron no proceso. Na xornada do mércores eles mesmos nos autorizaron a entrar no inmoble e durante o operativo, integrado tamén por persoal de Urbanismo e por un técnico de Inspección, se puido comprobar que as deficiencias proviñan do atasco do desaugadoiro, o que derivou na acumulación dunha importante cantidade de augas fecais”, explicou o concelleiro.

Unha problemática, indicou Miguel Couto, que os donos do inmoble se comprometeron a resolver coa máxima urxencia, executando as obras necesarias para arranxar as canalizacións e procedendo á limpeza do recinto garantindo, ademais, que a incidencia non se reproduza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com