Ás 19:20 horas de hoxe, os axentes da Garda Civil contactaron co persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia para dar conta do tráxico suceso que se produciu no lugar de Carude, en Taboada. Segundo explicaron, unha persoa faleceu tras envorcar a rozadoira que estaba a manexar nunha zona forestal do lugar indicado. Engadiron que o corpo estaba debaixo da máquina, polo que, posiblemente, necesitaran a axuda dos equipos de emerxencia. Sen embargo, a colaboración da veciñanza permitiu liberar a vítima e descartouse a intervención dos Bombeiros de Chantada.
Con todo, recibiron o apoio dos membros do GES de Monterroso e dos voluntarios de Protección Civil da localidade.
Tamén acudiron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pero nada se puido facer.