Segundo indican os equipos de emerxencia desprazados, o vehículo sufriu unha saída de vía na LU-P-5602, ao seu paso polo quilómetro 16, en Vilar de Sarria e acto seguido comezou a arder.
O primeiro aviso recibido polo 112 Galicia foi por parte de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ás 17:30 horas. Minutos despois, varios particulares que circulaban pola zona informaron dun vehículo ardendo no que podería haber unha persoa no interior.
Axiña, solicitouse a intervención dos Bombeiros de Sarria, así como dos axentes da Garda Civil, da Policía Local e dos efectivos de Protección Civil.
Ao chegar ao lugar, os servizos de emerxencia confirmaron que no interior do vehículo, totalmente calcinado, atopábase o corpo sen vida dunha persoa.