Unha persoa precisou asistencia médica esta tarde no Valadouro despois de declararse un incendio nunha casa situada no lugar de Augarrío. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, a persoa afectada foi trasladada ao Hospital de Burela, ao presentar síntomas de intoxicación por inhalación de fume.
O lume orixinouse por mor dun balde con roupa apoiado nunha cheminea e o único que ardeu foi este recipiente.
Foi unha persoa particular quen alertaba do incendio ao 112 Galicia preto das 17:00 horas. Axiña, o persoal do CIAE 112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Barreiros, dos efectivos do GES de Cervo, dos axentes da Garda Civil e dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.