Dez minutos antes das 18:30 horas desta tarde, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 solicita ao 112 Galicia medios para rescatar a unha persoa que resultara ferida ao caerlle unha pola dunha árbore enriba mentres facía traballos de tala no monte situado na LUP-2913, en Ribas de Miño (Lugo). De contado os Bombeiros de Lugo desprazáronse ata o lugar para rescatar ao ferido, que se atopaba nunha zona de difícil acceso.
A persoa non estaba atrapada pero a vexetación e o estado do terreo dificultaban o paso da ambulancia medicalizada que se desprazara ao punto para evacuar ao ferido.
Así, desde o 112 Galicia requiriuse a colaboración dos Bombeiros da cidade que decontado saíron cara o lugar. Do mesmo xeito, foron informados os axentes da Policía Nacional e os efectivos de Protección Civil.
Finalmente, non foi precisa a intervención dos Bombeiros para rescatar á persoa que foi evacuada polo persoal sanitario.