Unha persoa resultou ferida en Samos despois de envorcar o vehículo no que viaxaba ao seu paso pola localidade de Samos.
Foi precisa a intervención dos Bombeiros de Sarria para liberar á persoa do interior do turismo. Ademais, debido á gravidade das lesións ocasionadas, tras o impacto, os servizos sanitarios de urxencia mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Ourense, que trasladou á persoa ferida ata o Hospital de Ourense.
O accidente ocorreu pasados uns minutos das 14:30 horas deste mediodía. Foi a esa hora, cando varios particulares informaban ao 112 Galicia dun coche envorcado á altura do punto quilométrico 44 da LU-633.
A partir de aí, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasaron aviso decontado ao 061-Urxencias Sanitarias, aos Bombeiros de Sarria e aos axentes de Tráfico. Ademais, solicitouse a colaboración do persoal do servizo de mantemento da estrada para a limpeza da vía, polos danos ocasionados.