Un accidente entre dous vehículos que circulaban pola estrada que une Meira e Mondoñedo, no Concello lucense de A Pastoriza, saldouse cunha persoa ferida.
Debido á importancia das lesións ocasionadas, os servizos sanitarios de urxencia requiriron o servizo do helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela que, tras tomar terra no mesmo lugar dos feitos, trasladou ó ferido ata o Hospital Lucus Augusti de Lugo.
Un particular informou do accidente ao CAE 112 Galicia sobre as 10:30 horas desta mañá. A partir de aí, o 112 Galicia ademais de alertar a Urxencias Médicas, informou á Garda Civil de Tráfico e ós efectivos de protección Civil de Meira. Ademais, solicitouse a intervención de persoal de mantemento da estrada, que se encargou das tarefas de limpeza da vía.