Unha persoa foi trasladada ao HULA por Urxencias Médicas tras sufrir queimaduras na súa vivenda despois de arder a campá extractora. A vítima foi evacuada ao centro hospitalario, tamén, debido a unha posible intoxicación por inhalación de fume. Os feitos tiveron lugar na rúa Doña Urraca. O 112 Galicia recibía a alerta por parte dun particular ás 15:00 horas.
De contado, o CAE 112 informaba do incendio aos Bombeiros de Lugo, á Policía Local, a Protección Civil e a Urxencias Médicas.