Unha persoa resulta ferida tras sufrir unha saída de vía en Baralla

Dez minutos despois das 13:00 horas, comezaron a chegar chamadas ao CIAE 112 Galicia que alertaban sobre una saída de vía. Segundo a información recollida tralas comunicacións, un turismo saírase da estrada no quilómetro 461 da A-6. A situación do vehículo tralo accidente era algo confusa, xa que os alertadores non coincidían ao sinalar onde aterrara: nunha leira ou nun río.

O Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata o punto, logo de ser informados polos xestores do 112 Galicia. Tamén se pasou o aviso aos Bombeiros de Sarria e á Garda Civil de Tráfico.

Logo de chegar ata o lugar do suceso, os profesionais das urxencias sanitarias confirmaron que a persoa estaba atrapada. Os membros do parque comarcal de Sarria encargáronse de liberar á muller para que fora atendida e, posteriormente, trasladada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com