O ferido foi trasladado ao hospital de Lugo tras envorcar o tractor que conducía nunha finca de Lamas de Campos, na Fonsagrada.
Un particular avisaba ao 112, pasadas as 19:30 horas da tarde de onte, dun accidente cun tractor. O condutor, aínda que se atopaba ferido, puido liberarse polos seus propios medios.
O principal problema era que, ao tratarse dunha zona de difícil acceso para os vehículos convencionais, a ambulancia non podería chegar ata o lugar do accidente. Isto levou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 a mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Ourense.
O persoal da ambulancia atenderon ao ferido na propia finca ata que chegou o helicóptero, que o trasladou ao HULA para ser atendido polos servizos sanitarios.
Ademais de Urxencias Sanitarias, participaron a Garda Civil de Lugo e os voluntarios de Protección Civil da Fonsagrada.