Unha quedada con máis de 80 vehículos termina con preto de vintecinco denuncias por infraccións

A través de redes sociais tívose coñecemento dunha quedada de vehículos na zona de As Termas, a noite do venres ao sábado, polo que se estableceu un dispositivo especial no que participaron efectivos do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, co apoio dun equipo de Atestados do Corpo, co emprego de patrullas policiais rotuladas e camufladas, así como efectivos policiais de paisano para a vixilancia da zona, onde se congregaron sobre 80 vehículos, co seguinte balance:

Detectáronse DOUS condutores que lanzaron resultado POSITIVO de 0,65 e de 0,51 mg/l., respectivamente, abríndose expediente sancionador con multas de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución, inmobilizando os vehículos.

5 condutores denunciados por condución neglixente.

3 condutores denunciados por condución temeraria.

3 condutores denunciados por non presentar os seus vehículos á ITV no prazo debido.

3 condutores denunciados por non respectar o condutor a luz vermella dun semáforo.

2 denuncias por circular carecendo de SOA.

1 denuncia por conducir sen a dilixencia e precaución necesarias.

1 denuncia por circular con láminas nos cristais que dificultan a visibilidade.

1 denuncia por circular levando luces instaladas antirreglamentariamente.

1 denuncia ao condutor dun patinete eléctrico por circular pola beirarrúa.

1 denuncia ao condutor doutro VMP por non respectar a luz vermella dun semáforo.

1 acta de denuncia por infracción á Lei de Seguridade Cidadá.

Foto: imaxe de arquivo Policía Local.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com