Os servizos de emerxencias mobilizáronse na pasada noite en Sober tras recibir o aviso dun coche accidentado nun terraplén duns dez metros de profundidade.
O suceso ocorreu no Lugar de Campo Rairo, no concello de Refoxo, ao redor das 23:00 horas. Un particular alertou ao 112 Galicia tras ver o vehículo accidentado, aínda que non puido deter a marcha. Sinalou que podería haber persoas feridas e mesmo atrapadas no interior.
Ante a gravidade da situación, o 112 mobilizou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Monforte de Lemos, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil da localidade.
Ao chegar ao punto, os equipos de rescate comprobaron que o accidente podería terse producido tras o atropelo dun animal, o que fixo que o condutor perdera o control do coche. Para liberalo foi necesario empregar material de excarceración antes de trasladalo ao centro hospitalario de referencia.