O Concello de Ribadeo fai unha valoración “moi positiva” da III edición do Ribadeo Indiano, a festa para dar a coñecer o legado da emigración que esta fin de semana reuniu a 35.000 persoas neste concello da Mariña.
O alcalde, Fernando Suárez, agradeceu o traballo feito por todo o persoal do Concello, pola Asociación de Comerciantes de Ribadeo (Acisa), a Corporación Municipal e todas as persoas que a título individual se implicaron na organización da festa.
Segundo Acisa, o volumen de negocio que xerou a festa acadou os tres millóns de euros. O seu presidente, David López subliña que “en tan só tres anos o Ribadeo Indiano se converteu en todo un éxito de participación, de implicación e de movemento económico. É a finde semana máis importante do ano para os hostaleiros e comerciantes, xunto coa Semana Santa”.