Logo de demorar varias semanas a convocatoria da reunión da mesa multilateral entre Goberno, Xunta, empresa e traballadores de Alcoa. Onte a tarde tivo lugar esta xuntanza que o conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, tamén presente nesa mesa, evaluou de forma negativa pola “actitude da propia empresa” que, dixo Conde, “perdeu a oportunidade de chegar a un acordo”.
O conselleiro asegurou que o problema “esta xerado únicamente pola empresa” que non deixa de rexeitar os ofrecementos tanto das administracións como os traballadores. “Hai unidade de acción”, di o conselleiro, entre Xunta, Goberno e traballadores o que leva consigo que loitarán “ata as última consecuencias”.
Pola súa banda, no transcurso desta reunión, o secretario xeral de Industria e Peme, Raúl Blanco, avanzou que o Ministerio de Industria enviou á empresa trámite de alegacións previo á posible denegación de axudas correspondente ao exercicio 2020. “A raíz do xuízo sobre medidas cautelares recentemente celebrado, constatamos que Alcoa ten intención de pechar total ou parcialmente a planta, o que podería ser
incompatible coa recepción de axudas das administracións”, sinalou Blanco.
O secretario xeral ha insistido en que tanto o Goberno como a Xunta de Galicia e os representantes sindicais continúan abertos á negociación e instan a Alcoa a que se volva a sentar para pactar unha venda negociada. “Cremos que hai unha alternativa ao peche e estamos abertos a escoitar, pero necesitamos a concorrencia da empresa, xa que a súa cerrazón leva a unha situación cruel para traballadores e as súas familias e con impactos que van máis aló da industria lucense, afectando a outras industrias nacionais”, engadiu Blanco, que ofreceu volver estudar os puntos discordantes que manifestou Alcoa, abrindo totalmente a negociación punto por punto antes do 3 de decembro, data na que se xulgará o ERE presentado pola empresa.
Por último, o comité de empresa, criticou que o Goberno non concretara os pasos a dar para efectivizar a intervención de Alcoa nin a alternativa a curto prazo para garantir a produción e os empregos na fábrica de San Cibrao. Diante desta inacción, o secretario xeral da CIG, Paulo Carril, reiterou que a Xunta e o Executivo estatal débenlle unha actuación aos traballadores pois, di, calquer resultado que acabe en peche e despedimento será responsabilidade tanto da empresa como das administracións que o permitiron. Nesta liña, demandou dos representantes políticos que “fagan real” esa proposta de mediación que o comité asumiu a principios de agosto, mais da que Alcoa se descolgou ao negarse a unha venda negociada. Segundo o secretario da CIG, ten que haber unha intervención e unha expropiación para que non se repita o que xa está acontecendo nas fábricas da Coruña e Avilés.