Unións Agrarias inicia mañá en Lugo unha campaña contra a multinacional Lactalis. Será mediante unha acción que terá lugar mañá no hipermercado que a cadea Gadis ten no polígono do Ceao. O sindicato agrario entregará información aos consumidores e sinalá dentro do establecemento as marcas de produtos elaborados por Lactalis como Puleva, President e Lauki, entre outras.
Pretenden así visibilizar a actitude que a multinacional francesa ten cos gandeiros galegos ao impoñer uns contratos de aprovisionamento que provocan fortes caídas do prezo do leite.
O sindicato denuncia ademais que esta empresa non trasladou aos gandeiros a suba de dous céntimos por litro que acordou subir coa distribución tralas mobilizacións do pasado ano.