Uns 112 operarios e 64 máquinas compoñen o Plan Invernal da Deputación

O Deputado de Xestión Territorial, Argelio Fernández Queipo, presentou este xoves na Fonsagrada o Plan Invernal que ten en marcha o organismo provincial para garantir a seguridade nas estradas provincias e municipais durante os meses de inverno, e sen custe algún para os Concellos da provincia . Con este plan créanse, ademais, postos de traballo xa que se contratou a sete empresas luguesas con experiencia en actuacións relacionadas coa neve e co xeo.

Fernández Queipo destacou que “a Deputación, vai a poñer todos os seus recursos, tanto humanos como técnicos, á disposición dos veciños da provincia, para facer a rede viaria provincial e municipal o máis segura posible na época de neve e xeo. Así, temos despregados un total de 112 operarios e 64 máquinas, e dispoñemos de máis de 420 toneladas de sal nos 12 silos, situados estratexicamente noutros tantos Concellos da provincia”.

Cómpre subliñar que a rede viaria de Lugo é a máis extensa de España, xa que conta con 4.200 quilómetros de estrada, dos que máis de 1.500 quilómetros están por riba dos 600 metros de altitude e 800 a máis de 800 metros con respecto ao nivel do mar. A Deputación de Lugo, a diferenza doutras administracións públicas do país, ofrece esta asistencia, de xeito totalmente gratuíto, a todos os Concellos da provincia que o soliciten. De feito, en intensos temporais, o organismo provincial tamén actúa en estradas da provincia de León, pois lindan coas de Lugo.

O dispositivo despregado pola Deputación atópase dividido en 8 zonas da provincia. Por cada unha delas, hai 8 vehículos -2 máquinas quitaneves con cuña, 2 tractores adaptados con saleiro e cuña, 2 pick up, adaptadas con cuña e saleiro e 2 vehículos de apoio con medios mecánicos- e 14 operarios. Isto significa que, en total, a Deputación ten 64 máquinas e 112 operarios previstos para actuar durante as 24 horas do día en calquera punto da provincia. A parte desta maquinaria, o dispositivo tamén conta con varias máquinas do parque móbil, como palas mixtas ou camións, que se engaden ao protocolo de actuación se é preciso.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com