Uns 130 cabalos participan esta fin de semana no concurso de pura raza Equigal

Máis de 130 cabalos de 44 gandeirías, 30 delas galegas, participan esta fin de semana en Lugo no noveno concurso de Pura Raza Equigal.

A Deputada de Economía e Facenda, Pilar García Porto, sinalou que se trata dunha proba que “xa se converteu nun referente para os afeccionados ao cabalo” e cuxa puntuación conta para a clasificación do campionato de España.

O evento celebrarase desde o día 3 e ata o 5 no Pazo de Feiras e Congreso e prevese a asistencia dunhas seis mil persoas. O xerente do recinto, Rubén López apuntou que “xa superamos as nosas expectativas e esperamos contar con moita afluencia de público para esta nova xornada”. 

De xeito anecdótico, López engadíuque por primeira vez participa neste evento a eguada do xogador de fútbol, Sergio Ramos, que leva por nome SR4.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com