Uns 60 profesionais daranse cita na X Feira de Artesanía da Pontenova

O Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e o Tenente de Alcalde da Pontenova, Francisco Martínez Bermúdez, presentaron este venres, no Obradoiro do Moble do Centro de Artesanía da Deputación, a X Feira de Artesanía e Antigüidades da Pontenova. Tratáse dunha cita punteira en Galicia neste ámbito, que xa acadou unha grande repercusión internacional, pois nela participan profesionais de distintos puntos de Europa. Terá lugar os días 8, 9, 10 e 11 de decembro. Esta organizada polo Concello e conta cunha achega do organismo provincial de 4.000 euros.

Reunirá a máis de 60 artesáns e anticuarios. Terán lugar demostracións de oficios tradicionais en vivo. Como unha das grandes novidades, celebrarase unha novidosa xornada, na que reputados expertos no país amosarán innovadoras técnicas sobre a transformación do moble, coas que se conseguen pezas únicas. Haberá menús con prezos vantaxosos nos establecementos da vila. Celebrarase a primeira ruta da moto antiga. A TIC da Deputación levará o proxecto Banco de Memoria Dixital para que os propios veciños conten o que significou o sector das antigüidades para esta Comarca. O municipio pontenovés garda unha fonda tradición de anticuarios, pois a esta vila acudían anticuarios de toda Europa na procura de pezas rústicas e tradicionais.

Campos Conde destacou que “este evento xa se converteu nunha feira de referencia en Galicia e, incluso, no ámbito internacional, pois acoden profesionais de distintos puntos de Europa, como Francia ou Portugal. Consegue un gran éxito de convocatoria debido, entre outras cuestións, ás pezas únicas que se expoñen. En pasadas edicións, contou coa participación de máis de 8.000 persoas. Conleva un grande revulsivo económico, non só para A Pontenova, senón para toda a Mariña Oriental”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com