Uns 70 artistas e artesáns danse cita na antiga prisión de Sarria do 9 de setembro ao 22 de outubro

Unhas 70 persoas entre artistas e artesáns reuniranse do 9 de setembro ao 22 de outubro na antiga prisión de Sarria na oitava edición da exposición de artesanía que organiza a Asociación Amigos do Camiño de Santiago da comarca sarriá. Así o presentou esta mañá Jorge López presidente desta asociación xunto do Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos. 

Os artistas da comarca abrirán a mostra, que será de entrada libre e gratuita, de 5 a 8 da tarde desde o vindeiro día 9, onde explicarán as diferentes técnicas de artesanía da zona. Na exposición poderase ver canteiría, ferro, madeira, pintura, olería, restauración e ata cabezudos feitos polo colectivo crearte.

Como novidade este ano, os amigos do camiño traen uns convidados de honra, a asociación Camiño Shikoku Henro de Xapón, coa que manteñen unha colaboración para potenciar ambos camiños. Os colectivos que o desexen poderán pedir visitas guiadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com