Regresa ese venres a Lugo a sétima edición da Noite Aberta do comercio lucense. No evento participarán máis de 90 establecementos do centro da cidade, identificados cunha alfombra rosa, que entre as 17:00 e as 00:00 horas do venres. Ofrecerán múltiples descontos nun amplo catálogo de produtos de téxtil, calzado, complementos ou xoias, así como sorpresas para todas as persoas que se acheguen aos locais.
Entre as actividades co gallo da Noite Aberta atopamos un ano máis o Gran Desfile de Moda que se celebrará contra as cinco e media da tarde na Praza Maior e que estará presentado pola artista lucense Lucía Pérez. Ás 22:00 horas terá lugar un espectacular fin de festa, coa solta de faroliños. Nas propias tendas haberá tamén iniciativas, como sorteos, actuacións en directo, cátering ou coctelería e invitados especiais. Entre eles, a directora da revista Galicia De Moda, Belén Correa, ou a modelo e presentadora Paloma Lago.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, agradeceu o continuo esforzo e traballo da Asociación de Autónomas por “creer e apostar por unha actividade como é a Noite Aberta, máis aló do exercicio da propia actividade”. Nesta liña, a rexedora enxalzou a Noite Aberta como noite referente da cidade, unha data que teñen os lucenses marcada no calendario como inicio das festas do San Froilán. Para rematar, convidou aos veciños e visitantes a participar neste día de descontos e diversión.