A USC incrementou un 20% as matrículas nas 10 titulacións onde a Deputación ofreceu descontos

A Universidade de Santiago de Compostela e a Deputación de Lugo anunciaron esta mañá a apertura este mércores dun novo prazo de matrícula na USC tras as probas de selectividade de setembro no que se volverán ofrecer bolsas a cargo do ente provincial que custearán o 50% do prezo da matrícula a primeiros estudantes de ata 10 titulacións.

Dito plan, que recibiu o nome de “Para estudar, Lugo”, supuxo un incremento dun 10% da taxa de ocupación total da USC en Lugo e de preto dun 20% nas 10 titulacións nas que se ofrecen descontos do 50%, á espera de coñecer datos deste ano.

No acto público desta mañá participaron dous dos mozos que, o ano pasado, se beneficiaron das becas do organismo provincial. Trátanse de Laura Fariña Rodríguez e Mario Gómez Novo, rapaces de Ourense e Lugo, respectivamente, que agora cursarán segundo de Enxeñería Forestal e do Medio Natural. Ambos os dous destacaron as vantaxes destas becas, pois facilitan ás familias o acceso universitario dos seus fillos ou a compra doutro material imprescindible para o curso académico.

Entre o público estivo Iago Gallo, un lucense que comezará tamén a mencionada titulación e que resultou un dos beneficiados do desconto do 50% na matrícula logo do período da mesma en xullo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com