A Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira ( FTSP-USO) remitiu escrito á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, solicitando que ante a alta probabilidade de contaxio do sector debido ás funcións que realizan, téñase en conta para priorizalo na vacinación contra a Covid-19.
O colectivo de profesionais da Seguridade Privada está considerado como esencial, exercendo as súas funcións en primeira liña de servizo en hospitais, organismos públicos, grandes superficies comerciais e transporte público entre outros.
O sector da seguridade privada, ademais das funcións propias de protección de bens e persoas, desenvolve labores de vixilancia e control das normas de prevención e protección ante a pandemia nas instalacións baixo obxecto da súa protección. En moitas delas efectúan controis de temperatura e de aforo en contacto directo cos usuarios, sen posibilidade de manter a distancia de seguridade establecida. Ante esta situación, a FTSP-USO solicitou que se teña en conta a especial vulnerabilidade do colectivo á hora do desenvolvemento do calendario de vacinacións.