Usuarios de Aspnais asisten a un xuizo e visitan a Audiencia Provincial

Uns trinta usuarios de Aspnais visitaron este martes o Pazo de Xustiza da capital lucense e asistiron a un xuizo celebrado no Xulgado número 1 do Penal tras aceptar a invitación realizada polo Presidente da Audiencia Provincial de Lugo, José Antonio Varela Agrelo,

A invitación para que usuarios de Aspnais acudiran á sede lucense dos xulgados e á Audiencia Provincial, xurdíu a raíz da visita que o Sr. Varela Agrelo efectuou aos talleres da Asociación provincial de país e titores de persoas con discapacidade intelectual (Aspnais), dentro do programa de visitas que se viñeron efectuando ao longo deste ano, con motivo de cumprirse o primeiro medio século desta entidade.

En Aspnais considerouse do maior interese esta visita, que forma parte do conxunto das que se viñeron efectuando para que os usuarios da entidade teñan cabal coñecemento da realidade política, social, relixiosa, cultural e –neste caso- xudicial da capital lucense.

Os membros de Aspnais chegaron ao edificio dos xulgados ás once da mañá, e alí asistiron a un xuizo no xulgado do Penal número un, sobre un tema de agresións á Policía Nacional que se producíu na mesma Comisaría de Policía, seguindo atentamente a acusación do Fiscal, as argumentacións do Avogado Defensor, a declaración da acusada, as preguntas e repreguntas de Fiscal e Defensor a esta así como aos tres membros da Policía Nacional que acudiron a testificar sobre o acontecido, e a declaración final da Xuíza de que o caso queda “Visto para Sentencia”.

Finalmente, os usuarios de Aspnais, e os seus acompañantes entre os que estaba o Presidente da Asociación, José Reigosa García, foron recibidos á entrada da Audiencia provincial polo Presidente da institución, José Antonio Varela Agrelo, que os conducíu ao salón de xuizos do Civil, onde departiu amplamente con todos eles explicando o papel da Xustiza na aplicación das leis e contestou ás numerosas preguntas formuladas polos visitantes.

Outro grupo de usuarios de Aspnais visitarán as dependencias da Garda Civil na capital lucense durante a mañá do próximo xoves, día 24.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com