O Vicepresidente da Deputación, Argelio Fernández Queipo participou na primeira festa da colleita que celebran os usuarios dos Hortos Urbanos da Deputación. Neste enclave de 10.000 m2, que engloba o Rato e Paradai, participan preto de 130 usuarios que cultivan 50 tipos de produtos da horta. Durante este encontro os asistentes participaron nunha degustación de produtos elaborados polos propios usuarios e colleitados nos hortos.
Ademais, durante esta xornada houbo sorteos, agasallos e sorpresas para todos os participantes. Fernández Queipo explicou “que esta iniciativa ten como finalidade celebrar unha xornada de convivencia entre os diferentes usuarios, co fin de que poidan intercambiar experiencias e ao mesmo tempo, poidan desfrutar dun tempo de lecer entre eles”.